NOTICIA

----

A INMIGRACIÓN A PRINCIPIOS DO S. XX E AS RELACIÓNS COMERCIAIS ESPAÑA- ARXENTINA, EIXO DUN RELATORIO

O doutor pola Universidade de Barcelona e profesor da Universidade de Luján (Arxentina), Alejandro Fernández, ofrecerá unha conferencia mañá, martes 12 de xullo de 2001, ás 12 h., no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, nun acto organizado polo Arquivo da Emigración Galega.

A inmigración española na Arxentina e o comercio bilateral, 1880-1935, é o título da conferencia que ofrecerá o profesor Alejandro Fernández, relatorio no que abordará o tema central da maior parte dos seus traballos como investigador en España e Arxentina.

Historia económica da inmigración
Os estudios do profesor Fernández céntranse principalmente nos vínculos existentes entre a colectividade española en Arxentina no primeiro tercio do século XX e o desenvolvemento das relacións comerciais que naqueles momentos chegáronse a establecer entre España e Arxentina.

Membro do comité editorial da revista Estudios Migratorios Latinoamericanos, do Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos (CEMLA), de Bos Aires, un dos centros de investigación máis prestixioso de América Latina, o profesor Alejandro Fernández, doutorado recentemente polo Departamento de Historia Económica da Universidade de Barcelona, é autor de numerosos artigos, entre eles, A inmigración e redes comerciais. Un estudio de caso sobre los catalanes en Argentina a principios de siglo, publicado recientemente.