NOTICIA

----

O MUSEO DO POBO GALEGO ACOLLE A HISTORIA DOS SEGADORES GALEGOS EN CASTELA ATA FINAIS DE ANO

O Museo do Pobo Galego, en San Domigos de Bonaval (Santiago de Compostela), acollerá desde mañá, mércores 13 de novembro, e ata finais de ano a mostra "Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos". O acto de apertura oficial da exposición terá lugar no Museo do Pobo Galego ás 13h. e contará coa participación do presidente do Conselo da Cultura Galega, Alfonso Zulueta.

A mostra, organizada pola Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, a través do Museo Etnolóxico de Ribadavia, recolle a situación e as condicións de vida nas que se atopaban os galegos que emigraban a Castela dun xeito temporal, para realizar as tarefas da sega que outros non querían facer.

Despois de estar no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata o mes de setembro e agora no Museo do Pobo Galego ata decembro, o seu próximo lugar de emprazamento será o Museo Histórico - Provincial de Lugo.