Ramón Castromil xustificou a colaboración do Consello da Cultura Galega co evento "apoiar este Festival é apoiar á cultura nova, ós autores emerxentes e a unha visión non pechada, senón aberta ó mundo, da cultura, factores cos que o Consello da Cultura Galega está moi sensibilizado".
Xesús de Ron, un dos coordinadores de Alternativa 2001, declarou que "é unha sorte para Santiago contar con este evento" e destacou a sincronía para "ocupar o lugar que lle corresponde e ter unha edición cultural coordinada". Os escritores tamén terán o seu espacio no Festival. Segundo o escritor Antón Lopo, "a presencia dos escritores conforma un dos aspectos máis
orixinais do festival. A elección tamén amosa coma os escritores buscan outro xeito de dicir o que pensan ou publican".
O Festival Alternativa 2001 celebrarase nos espacios da Sala NASA e Galán entre o 23 de marzo ó 7 de abril. Acollerá actividades de danza, cabaré, teatro, performances e animación.