NOTICIA

----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ MAÑÁ UN CURSO SOBRE "METODOLOXÍAS E CATALOGACIÓN DE RECOLLIDA DE CAMPO EN MÚSICA TRADICIONAL"

Un curso sobre METODOLOXÍAS E CATALOGACIÓN DE RECOLLIDA DE CAMPO EN MÚSICA TRADICIONAL, dirixido por Dorothé Schubarth, será presentado mañá, mércores, día 9, nunha rolda de prensa que se celebrará ás 12´00 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega.

Sobre o curso, organizado polo ARQUIVO SONORO DE GALICIA, do Consello da Cultura Galega, informará o secretario, Rodrigo Romaní.A directora, Dorothé Schubarth, é ben coñecida como autora do "Cancioneiro Popular Galego", a obra máis importante da nosa literatura musical, realizada en colaboración co profesor e membro da Comisión Técnica do Arquivo sonoro de Galicia, Antón Santamarina.