NOTICIA

----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ESTUDIA AS RELACIÓNS ENTRE XENÉTICA E HISTORIA NUNHAS XORNADAS

O Consello da Cultura Galega presenta hoxe, 3 de abril de 2002, ás 12:00 h., as xornadas "Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinaria". Na presentación estarán presentes Francisco Díaz-Fierros, coordinador da sección de Ciencia e Tecnoloxía do Consello da Cultura Galega, Anxo Carracedo Álvarez e Xerardo Pereira Menaut, coordinadores das xornadas.

O obxectivo do encontro é por en contacto a historiadores, lingüistas e xenetistas. Trátase de contrastar os resultados de dúas investigacións moi distintas: as que os humanistas "historiadores e lingüistas- fixeron sobre o pasado de Galicia e as diferentes culturas que se asentaron no territorio cos resultados das investigacións xenéticas realizadas dende o campo da bioloxía e medicina".