NOTICIA

----

PRESENTACIÓN DE DOUS LIBROS DE BANDA DESEÑADA PARA CONCIENCIAR ÓS NENOS DO COIDADO DO MEDIO

Dentro das actividades organizadas con motivo da celebración do Día Internacional do Medio Ambiente, o 5 de xuño, o Consello da Cultura Galega ten programada a presentación de dúas novas publicación durante un acto que terá lugar mañá martes, día 5 de xuño, ás 12,30h., no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi.

"De quen é a auga" e "Vivir no Solo", son as dúas obras de banda deseñada, pertencentes á colección Ciencia para todos, que a Sección de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía presentará neste acto. O ilustrador Francisco Bueno, do Estudio Tangaraño, foi o encargado de elaborar estas publicacións, dirixidas a un público infantil e cun carácter claramente pedagóxico.

O coordinador da Sección, Francisco Díaz-Fierros, estará presente no acto, acompañado polo secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo e a coordinadora da colección, Marilar Aleixandre.

Coa presentación dos primeiros volumes desta colección, da que se espera seguir aumentando os seus números, o Consello da Cultura Galega únese ós esforzos pola concienciación e conservación do noso entorno.