NOTICIA

----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ACOLLE UNHA MESA REDONDA SOBRE O AUDIOVISUAL EN GALICIA

O Consello da Cultura Galega organizará mañá, venres 23 de marzo, unha mesa redonda sobre o audiovisual galego, aberta ó público como acto final do Curso de Guión de Ficción coordinado pola Sección de Comunicación da institución. A mesa celebrarase ás 17:00 h. no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega.

No acto participarán Antón Reixa, director da productora Portozás Visión, Pancho Casal, de Continental Producciones, Ángel de la Cruz e Emilio Mc Gregor, director da teleserie Mareas Vivas, que emite a Televisión de Galicia e Antón Dobao. Os invitados reflexionarán sobre a situación actual do audiovisual en Galicia e as súas perspectivas.