NOTICIA

----

O ESTUDIO DAS VARIANTES DIALECTAIS DO LÉXICO GALEGO, OBXECTO DUNHA NOVA PUBLICACIÓN DO CCG E O ILGA

O Consello da Cultura Galega acolle mañá, vernes 21 de febreiro, ás 12h. o acto de presentación do libro Dialectoloxía e Léxico, unha publicación que aborda, por vez primeira dun xeito sistemático, o estudio do léxico nas diferentes variantes xeográficas que presenta o galego.

A publicación, editada pola Sección de Lingua do CCG e o Instituto da Lingua Galega, é froito da recolla dos relatorios presentados no Simposio de Dialectoloxía e Léxico, celebrado en Compostela durante a primavera do 2001. Durante este encontro de expertos presentáronse un grande número de propostas de traballo xurdidas do estudio do léxico desde unha perspectiva xeográfica. Con esta obra, ademais, preténdese tamén dar a coñecer as primeiras investigacións sobre dialectoloxía lexical elaboradas sobre o material do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), un material que agora empeza a facerse público.

Na presentación desta nova publicación do Consello da Cultura Galega estarán presentes o presidente do CCG, Alfonso Zulueta, o secretario o coordinador da Sección de Lingua do CCG, Henrique Monteagudo, o director o Instituto de Lingua Galega así como unha das responsables da edición do libro, a catedrática de Lingua Galega da Universidade de Santiago, a profesora Rosario Álvarez Blanco.