O CCG PRESENTA ACHADOS DOCUMENTAIS QUE ABREN NOVAS PERSPECTIVAS SOBRE O PADRE SARMIENTO

Afonso Zulueta, Presidente do Consello da Cultura Galega e Henrique
Monteagudo, secretario da institución e coordinador do Proxecto Sarmiento, presentarán o luns, 26 de agosto ás 12:00 h. no Salón de Actos da institución os últimos achados documentais que realizou este último no Arquivo da Orde Benedictina no mosteiro de Santo Domingo de Silos (Burgos).
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Os achados corresponden ó orixinal manuscrito do único libro de tema relixioso coñecido ata o momento dentro da extensa bibliografía do Padre Sarmiento, titulado "Motivos legais que reverentemente expone a la alta censura la Congregación Benedictina de estos reinos". Xunto a el, atopouse o manuscrito orixinal doutro libro de tema teolóxico descoñecido ata o momento, escrito polo frade arredor de 1742 e asinado de xeito anónimo, titulado: "La Iglesia Romana es la católica columna y fundamento de la verdad". Este achado modifica a perspectiva que os expertos tiñan sobre a obra de Sarmiento, quen semellaba non ter abordado a temática relixiosa na súa obra.

O arquivo do mosteiro de Santo Domingo de Silos tamén atesoura outros documentos escritos polo Padre Sarmiento, descoñecidos ata o momento. Entre eles, algunhas das súas primeiras obras, de tipo satírico.