----

O CCG DÁ A COÑECER O PROGRAMA DE ACTOS PREVISTO PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro luns, 13 de maio de 2002, o Consello da Cultura Galega celebrará unha rolda de prensa aberta ós medios de comunicación co obxecto de informar detalladamente tanto das iniciativas e accións desenvolvidas como das que están en proceso de realización, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro venres, 17 de maio, que este ano está dedicado á figura de Frei Martín Sarmiento.

A rolda de prensa terá lugar o luns, 13 de maio, ás 12 h. no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega. Estarán presentes o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz e o secretario do CCG, Henrique Monteagudo.