O ARQUITECTO FERNÁNDEZ-ALBALAT, NOVO MEMBRO DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat Lois foi elixido esta tarde novo membro do Pleno do Consello da Cultura Galega, trala votación secreta á que foi sometida esta proposta na reunión que os conselleiros mantiveron na sede do Consello da Cultura Galega.

Fernández-Albalat Lois pasa así a formar parte do máximo órgano de goberno do Consello da Cultura Galega, en substitución de Antón Fraguas, en calidade de conselleiro electo do Pleno da institución.

A longa traxectoria vital e profesional deste arquitecto queda perfectamente avalada polos cargos de responsabilidade que ocupou, entre os que cabe destacar o de Decano do Colexio de Arquitectos Asturias-Galicia-León, cargo que Fernández-Albalat foi o último en ocupar, antes da constitución do Colexio de Arquitectos de Galicia, institución da que tamén foi o seu primeiro Decano.

Membro da Real Academia Galega, da Academia Galegas das Ciencias e da Real Academia Galega de Doutores, Andrés Fernández-Albalat Lois é arquitecto e profesor emérito da Universidade da Coruña.