----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA FAI PÚBLICO O SEU PESAR POLA MORTE DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O Consello da Cultura Galega lamenta profundamente a morte de Roberto Vidal Bolaño. Foi renovador incansable do teatro galego dende hai máis de vintecinco anos. As súas múltiples facetas profesionais, sempre vinculadas ó teatro -actor, dramaturgo e director- foron fundamentais para avanzar no soño da normalización teatral de Galicia.