NOTICIA

----

O IES "ROSALÍA DE CASTRO" ACOLLE A PRESENTACIÓN DUN LIBRO SOBRE FREI MARTÍN SARMIENTO

O martes, 21 de maio, ás 11, 30h., no IES "Rosalía de Castro", en Santiago, será presentado o libro PEQUENA ESCOLMA ILUSTRADA DE SARMIENTO, obra feita por alumnos do centro e editado polo Consello da Cultura Galega.

Na presentación intervirán o director do IES, Ubaldo Rueda e o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz.

O libro é o resultado do traballo feito por 80 alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual de 4º curso da ESO e inclúe unha escolma de textos e coplas de Frei Martín Sarmiento e ilustracións a modo de orla en cada páxina.

A obra é tamén unha homenaxe á figura senlleira á que este ano lle foi dedicado o Día das Letras Galegas. Da dirección e a coordinación do proxecto deste moderno libro xilográfico encargouse Soledad Pite Sanjurjo.