NOTICIA

----

O CCG REÚNE TODOS OS ACTOS ORGANIZADOS EN SANTIAGO EN HOMENAXE Ó POLÍTICO E ESCRITOR ALFREDO VICENTI

No marco do programa de actos que van ter lugar en Santiago dentro da Semana de Homenaxe a Alfredo Vicenti, organizada con motivo do 150 aniversario deste político, xornalista e escritor compostelán, hai que destacar que o acto que estaba previsto para mañá mércores, 28, na Facultade de Ciencias da Información trasládase de lugar e de hora.

Deste xeito, a conferencia que estaba prevista para mañá na Facultade de Ciencias da Información de Santiago a cargo do historiador e principal artífice da homenaxe, José Antonio Durán, Alfredo Vicenti (Periodismo e autonomismo galerista, de raíz federal), trasládase ó xoves 29, uníndose así ó acto que estaba previsto no Consello da Cultura Galega. Así, o xoves 29, a partir das 18,00 h., terán lugar a conferencia e a presentación do audiovisual Da arte de vivir, producido polo Taller de Ediciós J.A Durán (Ed.) e patrocinado polo Consello da Cultura Galega. Así, estes actos terán lugar o xoves, 29 a partir das 18,00 h. no Salón de Actos da institución.

En torno á figura de Vicenti
A Semana de Homenaxe a Alfredo Vicenti complétase cunha serie de actos institucionais en Pontevedra, no Salón Nobre de Palacio Provincial, en Ordes, na Casa da Cultura, e en Madrid, no Congreso dos Deputados, actos nos que se presentarán dous libros, Alfredo Vicenti, el maestro del periodismo español, de J.A Durán, e Galiciana básica de Alfredo Vicenti (Poesía e prosa, 1868-1916), editado para a Deputación de Pontevedra e terán lugar varios concertos.