----

AS IV XORNADAS "CARNOTA-2003" ADICADAS Ó "EFECTO PRESTIGE" SERÁN PRESENTADAS O DÍA 4 NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá mércores, 4 de xuño, ás 13 horas, a presentación das IV Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional-Carnota 2003, adicadas nesta edición ó tema EFECTO PRESTIGE. O MAR DA VIDA E OS SEUS ÁMBITOS.

As xornadas terán lugar os días 20, 21 e 22 de xuño no salón de actos do Concello de Carnota (A Coruña) cun programa no que expertos e investigadores e representantes do sector pesqueiro analizarán os efectos ambientais, sociais e económicos da catástrofe causada pola marea negra do "Prestige".

Na rolda de prensa, a celebrar no salón de actos do Consello da Cultura Galega o mércores, 4 de xuño, ás 13´00 horas, intervirán o coordinador das xornadas, Francisco X. Fernández Naval; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Lira, Juan Manuel Gómez Leis e Francisco Díaz Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, institución que colabora na organización do encontro xunto coa Asociación Cultural "Canle" e a Confraría de Pescadores de Lira (Carnota).