O estudio, dirixido por María Pilar Jiménez Aleixandre, realizouse por iniciativa do Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago e da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do CCG e forma parte do proxecto "Comunicación e medio ambiente: cobertura de cuestións ambientais na prensa galega".
Na rolda de prensa estarán María Pilar Jiménez Aleixandre, directora do estudio e Franciso Díaz Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Consello da Cultura Galega.