----

JAUREGUIZAR, GONZALO NAVAZA E XABIER CID DEBATERÁN NO CONSELLO DA CULTURA SOBRE A CIBERLITERATURA

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega celebrará este xoves, día 24, a súa tertulia mensual baixo o título "Ciberliteratura".

Escritores como Gonzalo Navaza e Santiago Jaureguizar e o xornalista Xabier Cid reflexionarán arredor do tema da creación literaria feita expresamente para Internet. Outros membros da sección, como Dolores Vilavedra, tamén participarán do debate, aberto a todas as persoas con interese no tema.

- Lugar: biblioteca do CCG - Pazo de Raxoi

- Hora de comezo: 17 horas

- Máis información sobre as anteriores tertulias en Lg3: http://www.culturagalega.org/lg3/lg3_tertulia.php