----

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA O PROXECTO DE RECUPERACIÓN DOCUMENTAL DA EMIGRACIÓN EN ARXENTINA, CUBA E URUGUAI

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará o luns, día 9 de maio, ás 12´30 horas, o proxecto de recuperación documental levado a cabo polo Arquivo da Emigración Galega (AEG), en colaboración coa Consellería de Emigración da Xunta de Galicia, en 115 sociedades de emigrantes en Arxentina, Cuba e Uruguai.

Realizado durante os anos 2003 e 2004, o proxecto permitiu inventariar, catalogar e copiar, mediante microfilmación ou dixitalización, documentos de 115 sociedades de emigrantes en Arxentina, Cuba e Uruguai cun total de 120.000 páxinas copiadas.

No acto intervirán: Alfonso Zulueta de Haz, Presidente do CCG; Aurelio Miras, conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia; Ramón Villares, director do Arquivo da Emigración e coordinador da Sección de Cultura Galega no Exterior, do CCG; e Carlos Zubillaga, profesor da Facultade de Humanidades da Universidade de Montevideo e coordinador do proxecto na capital uruguaia.