----

O Foro "Creación artística e identidades culturais" analizará a fondo as relacións entre a produción artística e a industria da cultura

Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/09/coong08_09_18a.jpg" alt="coong08_09_18a.jpg" /><em><div id="pedefoto">María Luisa Sobrino e Ramón Villares, durante a presentación do foro no Salón de Actos do CCG</div></em>

<em>Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2008.</em>- O Foro de debate <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=555">“Creación artística e identidades culturais”</a>, que se celebrará no Consello da Cultura Galega os días 18 e 19 de setembro analizará as relacións entre a creación e a industria da cultura, segundo explicou a súa coordinadora, María Luísa Sobrino, durante a presentación, á que tamén asistiu Ramón Villares, Presidente do CCG. O foro fai o número catro dos seis programados ao longo deste ano pola institución para conmemorar os seus primeiros 25 anos (1983-2008). A inscrición, gratuíta, continúa aberta aos interesados nesta temática.


<!--more-->

Artistas, críticos, comisarios, xornalistas e directores de museos debatirán sobre tres espazos de reflexión: Musealización, industria cultural e espectáculo; o traballo de artistas e as institucións e, arte e cultura nos medios de comunicación.

María Luísa Sobrino, coordinadora do foro, catedrática da Universidade de Santiago e vocal do Plenario do CCG, salientou o feito de que en Galicia, desde 1995, xurdiron vinte novos espazos, públicos e privados, para a expresión artística e falou tamén do que considerou “papel positivo” da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, campus de Pontevedra. “Esta Facultade contribuiu a normalizar a creación artística en Galicia e propiciou a activa presenza da muller nestas actividades”, dixo.

O PROGRAMA

O foro abrirase o 18 de setembro ás 10 horas coa intervención de Serge Guilbaut, profesor de Historia da Arte na University of British Columbia de Vancouver (Canadá), a quen retrucarán o comisario Juan de Nieves e o arquitecto Alfonso Penela.

Seguirán o relatorio de Gloria Picazo, directora do Centre d´Art La Panera (Lleida) e as visións de Marina Núñez e Silvia García, artistas visuais e profesoras da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Na sesión da tarde intervirá como relator o xornalista e escritor Camilo Franco, xunto cos retrucantes Miguel Anxo Rodríguez, profesor da Facultade de Historia da Uuniversidade de Santiago e o xornalista e escritor Antón Lopo.

O día 19 ás 10 horas será o turno dos artistas visuais Pedro G. Romero, Carme Nogueira e Chiu Longina.


Ás 12´15 horas intervirá Guillermo Solano, conservador-xefe do museo Thyssen-Bornemisza, que terá como retrucantes e Manuel Segade, do departamento de exposicións do Centro Galego de Arte Contemporánea e a Pedro de Llano Neira, crítico de arte, comisario de exposicións e secretario do Foro.

Na sexta e última sesión, a partir das 16´30 horas, a relatora será Ángela Molina, crítica de arte, e os retrucantes o crítico Alberto Sánchez Balmisa e o comisario Pablo Fanego.