----

O CONSELLO DA CULTURA ACOLLE ESTE MÉRCORES A PRESENTACIÓN DAS VI XORNADAS INTERNACIONAIS DE CULTURA TRADICIONAL DE CARNOTA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este mércores, día 1 de xuño, ás 13´00 horas, a rolda de prensa de presentación das VI Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional Carnota 2005.

O encontro, que contará con concertos, conferencias, coloquios e exposicións, celebrarase nesa vila coruñesa os días 24, 25 e 26 de xuño baixo o lema "Fórmula do futuro: G=(I+D)2", é dicir, Galicia= (Identidade+Diversidade) x (Innovación+Desenvolvemento). Na rolda de prensa intervirán: Xosé Manuel García Martínez, alcalde de Carnota, María Isabel Longueira, directora das xornadas e fotógrafa, Francisco X. Fernández Naval, coordinador das xornadas e escritor

- Hora: 13:00horas
- Lugar: salón de actos do Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º Andar