----

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA ESTE MARTES EN VIGO A OBRA "INSTRUCCIÓN SUCINTA PROVISIONAL"

O presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, e o presidente da Fundación Museo do Mar de Galicia, Francisco López Peña, presentarán mañá martes, día 5, ás 12:00 horas, o libro "INSTRUCCION SUCINTA PROVISIONAL, QUE DEBERAN OBSERVAR LAS EMBARCACIONES DESTINADAS AL DESCUBRIMIENTO DE NUEVOS COMEDEROS, PLACERES, Ó BANCOS DE PESCA DE ALTURA EN LOS MARES DE LOS DOMINIOS DEL REY".

O acto terá lugar no Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántica 160, Vigo) e estará presentado por Javier López Linage, autor que xunto a Juan Carlos Arbex desta edición facsímile comentada.

Esta publicación recolle a acción de dous barcos, Descubridor e Explorador, armados pola Real Compañía Marítima para a investigación e a experimentación de artes de captura no mar. Por primeira vez en España, e quizais en Europa, un barco era dotado, en 1788, exclusivamente para estes fins e Galicia pasaba a ser pioneira na investigación pesqueira.