Escoite os novos audios das conferencias colgadas na mediateca

Dende o Consello da Cultura Galega seguimos co labor de poñer á disposición do público todo o material co que contamos. Nesta nova entrega publicamos os audios de varias conferencias que se realizaron nesta institución ó longo do ano 2007 e o que levamos do 2008 dos ciclos "Palestras Maxistrais" e "Os sentidos das Culturas". Agora, pódese acceder dende a Mediateca deste portal á conferencia de Alberto Ruíz de Samaniego, dentro do ciclo "Os Sentidos das Culturas", sobre “Sentir doutra maneira. Unha lección Nietzshceana sobre a arte e a cultura”; a conferencia que Darío Villanueva impartiu sobre "A cultura, da galaxia Gutenberg á galaxia Internet", tamén dentro do mesmo ciclo; a conferencia de José Antonio Gómez Segade, dentro do ciclo "Palestras Maxistrais", sobre "Quo vadis ius mercatorum? (Especial atención aos camiños da propiedade intelectual)"; e a conferencia de Guillermo Rojo, dentro do mesmo ciclo sobre os seus "Corenta anos de investigación en lingüística".

Alberto Ruíz de Samaniego, “Sentir doutra maneira. Unha lección Nietzshceana sobre a arte e a cultura”.

Darío Villanueva, “A cultura, da galaxia Gutenberg á galaxia Internet”.

José Antonio Gómez Segade, “Quo vadis ius mercatorum? (Especial atención aos camiños da propiedade intelectual)”.

Guillermo Rojo, “Corenta anos de investigación en lingüística".

Salvoj Zizek, “Tolerancia multicultural como ideoloxía".