O Consello da Cultura Galega conmemorou o 50 aniversario da Compilación do Dereito Civil de Galicia

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, conmemorou hoxe con dúas conferencias o 50 aniversario da compilación do Dereito Civil de Galicia (1963), un patrimonio xurídico -conxunto de ordenamentos de Dereito Privado- que permite que o Parlamento de Galicia teña competencias en materia de Dereito Civil Os relatorios foron impartidos pola maxistrada do Tribunal Constitucional, Encarna Roca Trías, e polo catedrático da Universitat de Barcelona, Aquilino Iglesia Ferreirós.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
O Consello da Cultura Galega conmemorou o 50 aniversario da Compilación do Dereito Civil de Galicia

Na presentación do acto interviron Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e María Paz García Rubio, catedrática de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela. Villares recordou que a compilación de dereitos reais, contratos, arrendamentos, sucesións, réxime económico familiar, entre outros, “puxo fin a unha situación de interinidade iniciada en 1763”.

Deseguido tiveron lugar as dúas disertacións programadas.
ENCARNA ROCA TRÍAS, maxistrada do Tribunal Constitucional e Catedrática de Dereito Civil da Universidade de Barcelona, falou sobre “As Compilacións de Dereito Civil: valoración dende o século XXI”.
AQUILINO IGLESIA FERREIRÓS, catedrático de Historia do Dereito da Universidade de Barcelona, referiuse á “Compilación de Dereito Civil especial de Galicia”.

Entre os asistentes ao acto estiveron: Miguel Ángel Cadenas, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Pablo Sande, maxistrado do TSXG, Xesús Palmou e Antonio López Díaz, do Consello de Contas, Domingo Bello Janeiro, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña e director da Universidad Internacional Menéndez Pelayo en Galicia, Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, e Alba Nogueira, profesora da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Outras noticias que te poden interesar: