A Asociación Internacional de Estudos Galegos celebrará en Compostela o seu IX Congreso e analizará o tema "Galicia nos contextos globais"
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2008.- A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AEIG) celebrará o seu noveno congreso internacional en xullo de 2009 en Santiago de Compostela para reflexionar sobre o tema “Galicia nos contextos globais. Perspectivas para o século XXI”. O anuncio fíxose no curso da presentación das Actas -libro e DVD- do VII Congreso, que tivo lugar en Barcelona en maio de 2003 e que abordou os temas “Mulleres en Galicia” e “Galicia e os outros pobos da Península”. Na presentación, celebrada no Consello da Cultura Galega, interviron Henrique Monteagudo, secretario da institución; Helena González, coeditora das Actas, e Burghard Baltrusch, Presidente da AIEG.<!--more-->
Helena González, escritora, profesora da Universidade de Barcelona e coeditora das actas, xunto con María Xesús Lama, salientou o feito de que a publicación cadra cos 40 anos desde a implantación dos estudos de galego e portugués na Universidade de Barcelona, a cargo de Basilio Losada, anterior presidente da AIEG. Subliñou asemade o gran volume de produción científica sobre estudos galegos que vai estar accesible de maneira gratuíta en internet (http://www.estudosgalegos.org), o que contribuirá á internacionalización destes contidos.
Agradeceu a colaboración do Consello da Cultura Galega e aludiu ó contido do libro, que recolle as intervencións de Giuseppe Tavani, autor da conferencia inaugural sobre “A muller na literatura Hispánica Medieval: ¿Protagonista ou autora?” e os tres bloques de relatorios programados. “Galicia e outros pobos da Península” (Victor F. Freixanes, X. R. Barreiro Fernández, Ramón Villares e Enric Ucelay-Da Cal); “Homenaxe a Xoán González Millán (Camiño Noia, Arturo Casas, Helena González e Victor Fuentes) e “Mulleres en Galicia” (Pilar Cagiao, Beatriz Suárez Briones, María Ruido e Margarita Ledo Andión).
As comunicacións están agrupadas no DVD e suponen 1.250 páxinas.
Burghard Baltrusch, Presidente da AIEG, lembrou os obxectivos do que definiu como “unha organización académica independente que traballa para o asentamento e a visiblidade dos estudos galegos en todas as disciplinas académicas no mundo”. Referiuse ó VIII Congreso celebrado en Salvador de Bahía (Brasil) e á necesidade de integrar máis disciplinas académicas, máis investigadoras e investigadores do estranxeiro, apostar máis pola transdiciplinariedade e desenvolver máis actividades entre os congresos. “Por esta razón, a actual Xunta Directiva iniciou a creación dunha Web multifuncional que aloxará, entre outros elementos, unha Revista Internacional de Estudos Galegos que se idea anual e transdisciplinar como tamén se proxecta ofrecer un servizo de aloxamento gratuíto a todas as revistas académicas que se ocupen de temáticas relacionadas con Galicia”, dixo.
Máis información en:
Sobre as Actas:
--Indice do libro (conferencias):http://www.ub.edu/cdona/Publicacions/index_aieglibro.pdf
--Indice do dvd (comunicacións): http://www.ub.edu/cdona/Publicacions/index_aiegdvd.pdfSobre a AIEG e o IX Congreso da AIEG:
http://www.estudosgalegos.org/
Sobre as editoras:
http://www.ub.edu/filgalport/helena_gonzalez.htm
http://www.ub.edu/filgalport/chus_lama.htm