NOTICIA

----

18-19 A.- Os XV Encontros para a Normalización Lingüística analizarán e debatirán o realizado nos trinta anos de vixencia da Lei normalizadora

Cen especialistas inscribíronse nos XV Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar os días 18 e 19 de abril organizados polo Consello da Cultura Galega a través do seu Centro para a Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG). O programa analizará as luces e as sombras do traballo desenvolvido na normalización e promoción do galego durante as tres últimas décadas, logo da aprobación da Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983). Considerarase tamén a situación do galego no ensino e na comunidade educativa, o traballo colaborativo e diferentes propostas aplicables na actualidade. Os Encontros, coordinados por Henrique Monteagudo e Susana Mayo, contan coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e as Coordinadoras de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua e dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Serán inaugurados o xoves día 18 ás 10 horas no Consello da Cultura Galega.

O programa do primeiro día está dedicado íntegramente ao análise e o debate do percorrido normalizador nos trinta anos transcorridos desde a apobación da Lei de Normalización Lingüística e á presentación do volume que recolle os traballos presentados ao “Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia”, celebrado no Consello da Cultura Galega entre decembro de 2009 e xuño de 2010.
O programa é o seguinte:

10:15 CONFERENCIA: 30 ANOS DE LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
- Xaime Subiela, investigador social e consultor público.

12:30 MESA DE TRABALLO: LINGUA E SOCIEDADE EN GALICIA: 1983-2013.
- A MOBILIZACIÓN SOCIAL. Carlos Callón, MNL.
- A ADMINISTRACIÓN. Paz Lamela, exdirectora xeral de Política Lgca e inspectora xubilada de educación.
- OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Carme Vidal, xornalista.
- A INICIATIVA ECONÓMICA. Iván Vaqueiro, FEGAPE.

16:30 MESA DE TRABALLO: 30 ANOS DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA.
- POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO CATALÁN. Esteve Valls, investigador.
- POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO ÉUSCARO. Patxi Xabier Baztarrika, Viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco.

18:30 PRESENTACIÓN-DEBATE: LINGUA, SOCIEDADE E POLÍTICA.
XOVES, 18 de abril

VENRES 19

O segundo día dos Encontros centrarase na consideración do galego no ensino e na comunidade educativa, nos traballos colaborativos e na presentación de propostas concretas aplicables ao traballo normalizador, dacordo co programa detallado deseguido.

10:00 DEBATE: O GALEGO NO ENSINO: MARCO NORMATIVO.
- A PROGRESIVIDADE DA LNL NOS DECRETOS PARA O ENSINO. Dalila Dopazo, Maxistrada do Xulgado do Social de Lugo.
- A EVOLUCIÓN DA LEXISLACIÓN ARREDOR DO GALEGO E DO ENSINO. Xosé Luís Janeiro, UV.
- CARA ONDE SE LEVA O GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO. Mariló Candedo, NEG.
- A FORMACIÓN DO PROFESORADO DENTRO DUN MARCO PLURILINGÜE E NORMALIZADOR. Bieito Silva, USC.

12:00 MESA DE EXPERIENCIAS: O GALEGO NO ENSINO: EXPERIENCIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
- EU FUN ALUMNA DE SECCIÓN BILINGÜE. Laura Prego, estudante.
- SCIENCE NO COÑECEMENTO DO MEDIO. Ana Castro, nai de alumnado de centro plurilingüe.
- O GALEGO NUNHA POESÍA. Begoña Villaverde, nai de alumnado de centro non plurilingüe.
- DOCENTES DE MANS ATADAS. Belén Escariz, docente de E. Infantil.
- UNHA LANDRA ENTRE EUCALIPTOS. Manuel García, docente de E. Secundaria en centro concertado.
- TIL: OUTRO ENFOQUE É POSIBLE. Francisco C. Díaz, Cefore de Pontevedra.

16:30 RELATORIO. AS ACTITUDES DA MOCIDADE CARA AO GALEGO.
- Bernardette O´Rourke, Heriot-Watt University.

17:30 PROPOSTAS DE ANÁLISE: O TRABALLO COLABORATIVO E DE IMPLICACIÓN APLICABLE Á NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
- A COMUNICACIÓN COA CIDADANÍA E A SÚA IMPLICACIÓN NOS PROXECTOS SOCIAIS (IMPLICAD@S NODESENVOLVEMENTO). María Reimóndez, Implicad@s no Desenvolvemento.
- O CROWFUNDING EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (VITAMINAS PARA O GALEGO).
Henrique Sanfiz, Vitamina para o Galego.

19:00 PROPOSTAS DE ESPAZOS.
- APLICACIÓN DE BUSCATERMOS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES. Xusto Rodríguez, USC e Alejandro Lamas, (Sixtema).
- VIVEIRO DE PROPOSTAS NORMALIZADORAS. Queca Carballo, CTNL.
-20:00. CLAUSURA DOS ENCONTROS.
VENRES, 19 de abril