----

O Parlamento Galego explora as potencialidades da lusofonía

O Parlamento Galego aprobou por unanimidade tomar en consideración a Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade. No texto da ILP proponse que o Goberno Galego incorpore progresivamente, no prazo de catro anos, a aprendizaxe do portugués en todos os niveis do ensino regrado, que o dominio do portugués teña un especial recoñecemento no acceso á función pública e que a relación cos países de lingua oficial portuguesa sexa un obxectivo estratéxico para o Goberno Galego.
O Parlamento Galego explora as potencialidades da lusofonía

Con este mesmo obxectivo de achegar a cidadanía galega ao universo da lusofonía, a AGAL e pró-Academia están a difundir a campaña Multiplica x100 a túa língua, a través da que convidan a todas as persoas que o desexen a difundir a mensaxe da campaña e a deixar por escrito no sitio web da iniciativa as súas razóns para apoiala.