----

O Consello da Cultura presentou LEME, aplicación gratuíta e aberta para móbiles, con acceso aos equipamentos e recursos culturais galegos

O Consello da Cultura Galega presentou hoxe na praza do Obradoiro, esquina Hostal dos Reis Católicos, LEME, unha nova aplicación gratuíta e aberta para teléfonos móbiles, ipad e iphone (no outono tamén para android) orientada á descuberta dos equipamentos e recursos culturais galegos. No acto interviron: Ramón Villares, presidente da institución, e Manuel Gago, director do portal cultural www.culturagalega.org, que ofreceu unha demostración práctica do uso da nova aplicación. LEME (temón, sentido) ponse en marcha con máis de seis mil localizacións e presentase como "un etiquetado cultural do territorio galego", afirmou Ramón Villares.
LEME (temón, sentido) nútrese dos contidos das bases de datos de información xeográfica do Consello da Cultura Galega, coma o Mapa de Equipamentos Culturais, os Roteiros da Cultura Galega e o proxecto As Escolas da Emigración, ofrecendo de partida máis de 6.000 localizacións ao longo de toda Galicia. Desde teatros, auditorios ou galerías de arte ata castelos, castros ou espazos literarios. "É un etiquetado cultural lemedo territorio galego", dixo Ramón Villares. LEME pode baixarse en:
http://www.culturagalega.org/opinion/leme
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
O Consello da Cultura presentou LEME, aplicación gratuíta e aberta para móbiles, con acceso aos equipamentos e recursos culturais galegos

LEME nútrese dos contidos das bases de datos de información xeográfica do Consello da Cultura Galega, coma o Mapa de Equipamentos Culturais, os Roteiros da Cultura Galega e o proxecto As Escolas da Emigración, ofrecendo de partida máis de 6.000 localizacións ao longo de toda Galicia. Desde teatros, auditorios ou galerías de arte ata castelos, castros ou espazos literarios.

LEME (temón, sentido) permite ao usuario facer turismo cultural a través de rutas guiadas seguindo o ronsel de destacados escritores do país, consultar espazos de celebración de eventos e mesmo explorar, anotar e compartir novos espazos culturais que o usuario considere relevantes.

LEME está programado para que terceiras entidades, sen coste algún, poidan incorporar tamén os seus espazos xeolocalizados á aplicación e crear un gran centro de recursos móbil sobre a cultura de Galicia. "Trátase de que os usuarios poidan contribuir, xunto co Consello da Cultura Galega, ao desenvolvemento e enriquecemento desta plataforma aberta e gratuíta", subliñou Manuel Gago.