----

O Consello da Cultura Galega catalogará as escolas construídas e financiadas polos emigrantes en Lugo e Ourense

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/05/sinatura_escolas_emigracion.jpg" alt="sinatura_escolas_emigracion.jpg" />

<div id="pedefoto"><em>Manuel Luís Rodríguez e Ramón Villares, durante a sinatura na Biblioteca do Consello. Foto: CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 8 de maio de 2008.-</em> O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, asinaron hoxe un convenio para a realización dun catálogo de todas as construcións escolares financiadas desde a emigración, nas provincias de Lugo e Ourense, a elaboración dun espazo virtual educativo e a publicación facsimilar e difusión do “Almanaque Gallego”. O presuposto é de oitenta e cinco mil euros e será afrontado ao cincuenta por cento polas dúas institucións. O traballo realizase durante este ano e supón unha continuidade no traballo que ven desenvolvendo o Consello da Cultura a través do Arquivo da Emigración Galega.


<!--more-->

Ramón Villares salientou a importancia da recuperación de todo o patrimonio escolar para poder construir “un recordo non só familiar, xa existente, senón colectivo e comunitario da emigraciòn”, e agradeceu a confianza da Secretaría Xeral. Manuel Luís Rodríguez explicou que a inciativa axuda a cumprir o mandato do Consello das Comunidades Galegas na súa reunión de Santiago de Compostela en 2006 e expresou a súa satisfacción “pola colaboración e a perfecta sintonía co Consello da Cultura Galega”.

MÁIS DE 200 ESCOLAS EN GALICIA

O Presidente do Consello da Cultura e Director do Arquivo da Emigración Galega, Ramón Villares, dirixirá o equipo de traballo, formado por especialistas de recoñecido prestixio, que se ocupará de facer o inventario e a catalogación do patrimonio arquitectónico escolar da emigración galega nas provincias de Lugo e Ourense, recollendo ademais a documentación histórica relacionada coas escolas e a realización de fotografías, recopilando e documentando toda a información obtida na elaboración do catálogo para a súa difusión. A coordinación de todo o referido ó patrimonio escolar será responsabilidade de Vicente Peña Saavedra, profesor de Historia da Educación da Universidade de Santiago. O mecenado dos emigrantes galegos conseguiru poñer en pé máis de duascentas escolas en toda Galicia. Publicarase a través do páxina web do CCG a edición facsimilar do “Almanaque Gallego” correspondente aos cinco primeiros anos cun estudio introdutorio de análise da publicación e índices. Crearase un espazo virtual educativo que permita un achegamento do alumnado da ESO á temática migratoria en todos os seus compoñentes e elaborarase unha páxina web coa ubicación das distintas escolas e a súa descrición. O Consello da Cultura Galega facilitará e cederá á Secretaría Xeral de Emigración a información e a documentación obtida para a súa incorporación e publicación nos portais <a href="http://www.consellodacultura.org/">www.consellodacultura.org</a> e <a href="http://www.galiciaaberta.com/">www.galiciaaberta.com</a> e para a súa difusión nas entidades galegas no exterior.A Secretaría Xeral de Emigración tamén difundirá o catálogo do patrimonio e o “Almanaque Gallego”, publicación editata na Arxentina e da que foi responsable o xornalista lucense Manuel Castro López.