----

A Xunta de Galicia presenta o tradutor automático Gaio

O secretario xeral de Política Lingüística, a directora da Amtega e o director xeral de Administración Local presentaron hoxe o tradutor automático Gaio, unha ferramenta desenvolvida pola empresa Imaxin Software no marco do programa eConcellos, que estará á disposición dos traballadores/as da Administración pública de Galicia. O tradutor Gaio permite a tradución bidireccional de texto, documentos e URL nos pares galego-castelán e galego-portugués. Tamén permite a tradución de correos electrónicos da Administración autonómica e local.

Entre as novidades que presenta esta ferramenta destaca a incorporación de terminoloxía específica administrativa e nomenclatura propia da Administración pública, así como o feito de que permita a tradución de documentos completos nos formatos txt, html, doc, docx, pptx, xlsx, odt, ods, odp e pdf. Para ampliar esta información, preme aquí.