----

Itinerancia da exposición "Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia": Vilalba

Promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, "Luces de Alén Mar", continúa o seu percorrido polos concellos galegos para difundir o labor dos nosos emigrantes a prol da educación en Galicia.
Itinerancia da exposición

Vilalba é un dos concellos con máis escolas construídas e financiadas polos nosos emigrantes de toda Galicia. O Arquivo da Emigración Galega ten cuantificadas trece escolas en todo o municipio. A súa historia e a historia dos seus creadores podes consultala na nosa web.
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/?escola=Casa-escola+de+Roman