----

Monicreques en galego para Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura de Redondela desenvolven durante esta semana encontros didácticos arredor dos monicreques e a actividade teatral en xeral, cos obxectivos de apoiar e motivar o teatro que se fai nos centros escolares.
A fin de semana, a iniciativa será aberta ao público.

Nestas sesións participan preto de 1000 escolares, a maioría de ensino primario, pero tamén alumnado de infantil, de primeiro da ESO e do Ciclo superior de Educación Infantil do IES Chapela. Os centros participantes son: EEI A Marisma, CEIP Igrexa – Chapela, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo, CEIP Quintela, CEIP Outeiro das Penas, CEP Santa Mariña, CEIP Porto-Cabeiro, CEIP Santo Paio de Abaixo, IES Chapela e IES Mendiño.

Na fin de semana, o auditorio da Xunqueira acollerá dúas funcións en aberto, para todas as persoas que queiran participar e todas as idades: o sábado 1 de febreiro ás 12.00 h, e o domingo 2 de febreiro ás 18.00 h. A entrada é de balde, e para asistir cómpre retirar a entrada no propio Multiusos da Xunqueira a partir do xoves 30 de xaneiro.