O ciclo de conferencias “Desafíos políticos en Europa en 2014” celebrarase no Consello da Cultura Galega os días 13, 20, 25 e 27 de febreiro.
O día 13 de febreiro ás 17:00 h. , o catedrático da USC Luís Caramés falará sobre “O estado e a crise económica actual”. Pola súa banda, o profesor de Economía da Universidade de Vigo Albino Prada, falará sobre “Balance e perspectivas competitivas de Galicia na UE”.
O 20 de febreiro ás 17:00 h. o catedrático de Políticas da Universidade de Aberdeen, Michael Keating, falará sobre “A independencia de Escocia”, actualmente ESRC Senior Fellow on the Future of the Uk and Scotland Programme e director do ESRC Scottish Centre on Constitutional Change.
O 25 de febreiro ás 17:00 h. Carles Viver Pi-Sunyer, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade Pompeu Fabra, falará sobre “A consulta sobre o futuro político de Catalunya e o chamado “dereito a decidir”. Pi-Sunyer é o director do Instituto de Estudos Autonómicos da Generalitat desde 2004 e presidente do Consell Assessor per a la Transició Nacional desde 2013.
O 27 de febreiro ás 17 h., participarán Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política da USC, falando sobre “Cooperación e competición no federalismo contemporáneo” e Javier Pérez royo, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla, para “Reformar a constitución, e agora que?”.
O programa está coordinado por Antón Baamonde, dentro da Sección de Pensamento e Sociedade do Consello da CulturaGalega. É necesaria inscrición previa en www.consellodacultura.org, xa que o número de prazas é limitado.