O CCG compila tres obras de Xosé Neira Vilas no volume “Galicia en Cuba”

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou esta mañá a publicación “Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas”. “É unha obra orixinal que recolle tres obras anteriores de Xosé Neira Vilas pero que constitúe nunha nova publicación revisada e actualizada” asegurou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega na rolda de prensa. Canda el participaron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, o cónsul xeral da República de Cuba, José Antonio Solana, e o autor, Xosé Neira Vilas.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
O CCG compila tres obras de Xosé Neira Vilas no volume “Galicia en Cuba”

Santiago de Compostela, 18 de marzo. “Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas”é o título dunha publicación que agrupa tres libros escritos por Xosé Neira Vilas en diferentes momentos e publicados con editoriais diferentes nos anos noventa. Os libros son “A lingua galega en Cuba”, “Rosalía de Castro e Cuba” máis “Galegos que loitaron pola independencia de Cuba”. Estas tres obras, en palabras do presidente do Consello da Cultura Galega, “inclúen temas de moi diversos estilos que serve para definir moi ben o perfil de Xosé Neira Vilas xa que reúne tanto estudos sociolóxicos, afondan nunha figura esencial como é Rosalía e, ademais, documentan a presenza dos galegos na guerra de independencia”.

“Dicía Suárez Picallo que o que non está nos papeis non está no mundo” apuntou Xosé Antón Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928) ao inicio da súa intervención para destacar a importancia de recuperar estes tres volumes. O autor fixo un repaso de cada unha das publicacións que suman un traballo de investigación que se alongou durante vinte anos. Un traballo que agradeceu José Antonio Solana, cónsul xeral da República de Cuba, de quen dixo que “máis que un emigrante foi un internacionalista enarborando a bandeira galega”, para trazar un perfil biográfico do escritor.

Esta compilación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e insírese no marco dun convenio de colaboración que ambas entidades asinaron en 2013. Nese sentido, o secretario xeral, Valentín García, destacou que “serve para proxectar a importancia do retorno da relación entre Galicia e Cuba”. Ademais, quixo destacar que o papel de Cuba “dentro da Galicia non territorial porque moitos dos símbolos que hoxe temos partiron de alí”.

A publicación “Galicia en Cuba.Lingua. Rosalía. Loitas”
O volume “Galicia en Cuba.Lingua. Rosalía. Loitas” recolle tres publicacións:

A lingua galega en Cuba (Consello da Cultura Galega, 1995) é o primeiro estudo arredor do galego fóra da fronteiras xeográficas. Para Neira vilas “permite saber que en Cuba se emprega palabras que son galegas como lacón, magoar, embicar, monifate e galego en múltiples acepcións”.

Outras noticias que te poden interesar: