A presentación desta publicación en Santiago de Compostela enmárcase nunha xira que Gonzalo Contreras comezou en Londres, que o levará por varios países europeos. En Galicia, presentarase tamén en Sada, convidado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, en Vigo e en Ourense.
Sobre o autor
Gonzalo Contreras Loyola (Santiago de Chile, 1958) é un poeta chileno, escritor, investigador literario e editor cultural a través da Editorial Étnica, que el mesmo fundou. O seu traballo está especializado na investigación, recuperación e difusión de autores e obras senlleiras e escasamente difundidas en Chile.
Na súa traxectoria, Gonzalo Contreras obtivo diferentes galardóns e recoñecementos de entidades e institucións, entre os que destaca o Premio Carlos George Nascimento (2010), entregado pola Cámara Chilena del Libro á mellor edición do Bicentenario, pola súa obra Claudio Giaconi, un escritor invisible.