----

Aberto o prazo de recepcion de papers para o primeiro Mateus DOC- Galicia

O concepto Migración inaugura o primeiro Mateus DOC Galicia. Un encontro de reflexión e debate interdisciplinar entre doutorandos e postdocs que segue o espírito do programa Mateus DOC que se desenvolverá entre os días 18 e 20 de setembro de 20015. A cita está organizada polo Instituto Internacional Casa de Mateus e o Consello da Cultura Galega.

O obxectivo é reunir un pequeno grupo de entre 10 e 12 investigadores, dispostos a discutir conxuntamente durante un fin de semana cuestións comúns a este tema, facendo converxer perspectivas e puntos de vista de diversas disciplinas.

Os papers presentados e os resultados dos debates serán publicados nun formato análogo ao que ven realizando o Mateus-DOC para as oito convocatorias xa celebradas.

Está aberta a invitación para a presentación de propostas
Un borrador do tema proposto (600 palabras) acompañado dun CV actualizado e dunha carta de presentación do grupo ou centro de procedencia deberán ser remitidas polo formulario on-line. O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xuño.

Consulta as bases aquí

Formulario de inscrición