----

Publicacións e cifras do Consello da Cultura Galega no Día Internacional do Libro

Hoxe é o Dia Internacional do Libro. Unha efeméride instituída pola UNESCO en 1996 nunha data na que coinciden o pasamento de escritores como Cervantes ou Shakespeare, entre outros. Aproveitamos esa festividade para ofrecer recursos relacionados co mundo editorial.

Bandas deseñadas, edicións facsimilares, ensaios.....descarga de balde as publicacións editadas polo Consello da Cultura Galega.

En Publicacións dixitais poderás consultar as actas de dous congresos sobre as figuras de Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro. O destacado deste proxecto é que o texto se adapta ás características do dispositivo desde o que as consultes.

Se ademais das letras che interesan as cifras. No web do Observatorio da Cultura Galega terás aproximacións estatísticas ao libro e Publicacións periódicas.