<img src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/11/inauguracion.jpg" alt="" />
<div id="pedefoto"><em> Xosé Manuel Casabella, Ramón Villares, Teresa Táboas e Iago Seara na inauguración das xornadas. Foto: CCG</em></div>
<em>Santiago de Compostela, 21 de Novembro de 2007. </em>Máis de 120 profesionais, estudantes e investigadores analizan entre o 21 e o 22 de Novembro, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, a arquitectura galega desde unha perspectiva contemporánea. Nestes días estudarase a obra de autores referenciais como Fernández-Albalat, xunto coa de César Portela, Manolo Gallego, Celestino García Braña, Xosé Manuel Casabella, Iago Seara, Fernando Blanco, Alberto Noguerol, Pilar Díez, Alfonso Penela ou Alfredo Freixedo, a xeración de Irisarri, Piñera e Quintáns ou a máis nova xeración de Pablo Gallego, Belinda Besada, José Antonio Vázquez, Xoán Creus e Alfonso Salgado.
<!--more-->
Ademáis dun percorrido polos proxectos debatirase tamén sobre a relación arquitectura-territorio e o caso de Galicia en relación coa Península.
Estas xornadas son o último paso dunha viaxe comezada hai tres anos dentro do ciclo de Cultura, Arquitectura e Identidade desenvolvido en diferentes cidades pola Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega onde arquitectos e teóricos de recoñecido prestixio espuxeron a súa obra e pensamento.
Máis <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=169">información sobre as xornadas</a>