CONVOCATORIA

----

CORRECCIÓN de erros.- Listaxe coas puntuacións provisionais para a adxudicación das bolsas na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2015

Advertido erro na listaxe antes citada, publicada na páxina do Consello da Cultura Galega o día 22 de xuño de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

–Onde di: «O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes»
-Debe dicir:« O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes»