----

"Galicia progresa pero necesita correr máis en materia de I+D+i", afirmou en Vigo Salustiano Mato


<img src="http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/1/2007/11/territorios-innovadores2_1.jpg" alt="" />

<div id="pedefoto"><em>Salustiano Mato, director xeral de I+D+i da Xunta e Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do CCG. Foto: Universidade de Vigo</em></div>

<em>16 de novembro de 2007.</em> "Galicia progresa en materia de innovación -ocupa o posto 142 entre 208 rexións- pero necesita correr máis "porque partimos dunha situación de atraso". Así o explicou Salustiano Mato, director xeral de I+D+i na xornada sobre "Territorios innovadores. Diagnose dos índices I+D+i en Galicia", celebrada onte en Vigo e organizada polo Consello da Cultura Galega.<!--more-->

Salustiano Mato afirmou que o esforzo realizado pola Xunta de Galicia nos dous últimos anos terá axiña resultados visibles e salientou o dato de que o investimento das empresas en I+D medrou un 6 por cento no último ano.

A xornada serviu para presentar os resultados dunha investigaciòn sobvre indicadores de I+D+i realizado por un equipo de profesores da Universidade de Vigo. Xosé Manuel García Vázquez, coordinador da sesión e do proxecto, explicou que o traballo "repasa os índices sintéticos homologados a nivel internacional e plantexa a necesidade de contar en Galicia con índices semellantes para poder facer comparacións".

Para Salustiano Mato "este sistema vai permitir que teñamos información real, completa, contrastable e de rigor sobre o funcionamento das políticas que se están a levar a cabo en materia de I+D+i. Trátase ,en definitiva, de buscar unha maior fiabilidade".

Na xornada, celebrada no Club Financiero de Vigo, interviron María Ángeles Quintas Corredoira, Albino Prada Blanco, e Xosé Manuel García Vázquez, profesores da Universidade de Vigo, e tamén Isabel del Río Viqueira (Instituto Galego de Estatística), Gustavo Marcos Cancela (Director xerente de Uninova), Francisco Sánchez (Director de Innovación do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) e Javier López Martínez (Director xeral da Fundaciòn Empresa-Universidade Galega).

O profesor García Vázquez insistiu na necesidade e a importancia da trannsferencia de xoñecemento da Universidade á empresa e na conseguinte posta en marcha das medidas precisas para activar esa transferencia de coñecementos.

Organizada polo Consello da Cultura Galega ( CCG) en colaboración co Instituto Galego de Estatística e a Universidade de Vigo, a xornada contou coas presenzas do Reitor da Universidade viguesa, Alberto Gago, o Vicepresidente do CCG, Francisco Díaz Fierros, e o Decano da Facultade de Ciencias Económicas Empresariais, José María Martín Moreno.