----

O IES Aquis Celenis aposta pola ciencia feita a conciencia

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) organiza o Concurso Científico en Galego “Feito a conCIENCIA”. Os participantes deben gravar un vídeo no que se amose a realización dun experimento científico, incluíndo unha explicación oral ou escrita (en subtítulos) en galego. Os traballos, ou a súa ligazón, deben enviarse ao enderezo aquisfalamos@gmail.com antes do vindeiro 6 de novembro de 2015. Para ampliar información, preme aquí.