----

Formación lingüística para persoal da Administración pública galega

A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de formación continua para o persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Entre a formación programada, ofértanse os seguintes cursos de contido lingüístico: “Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública”; “Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego”; e “Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega”. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria.