----

Axudas para a promoción do galego nos concellos e entidades locais da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publica as bases de subvencións para a promoción do uso do galego nos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra. O obxecto da convocatoria é a creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística (SNL), así como o desenvolvemento de programas de dinamización do galego. Poden optar a estas axudas os concellos, as agrupacións de concellos ou as entidades locais menores da provincia, ata un máximo de 50.000 habitantes. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de abril de 2016. Para consultar o texto completo da convocatoria, preme aquí.