CONVOCATORIA

----

Listado de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2016

De acordo co previsto na base sexta da Resolución do 10 de marzo de 2016, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria (DOG núm. 63, do 4 de abril de 2016), despois de rematar o prazo de presentación e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección.
As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles, que empezará a contar a partir da data de publicación do presente anuncio, para emendar as razóns da exclusión ou presentar a documentación requirida. No caso de que se así non o fixeren, considerarase que desisten da súa petición de bolsa e arquivarase o seu expediente na forma e termos indicados no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago, 20 de maio de 2016

Consulta o listado no seguinte documento