----

Posta en marcha no Concello de Ribadeo do Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega

O ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA e o Concello de Ribadeo queren facer partícipe á cidadanía neste proxecto de reconstrución da memoria colectiva da emigración galega. Esta iniciativa, de carácter permanente, arranca no marco da Terceira Edición do RIBADEO INDIANO, que será celebrada os vindeiros 8, 9 e 10 de xullo.
Posta en marcha no Concello de Ribadeo do Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega

As achegas realizadas constituirán un acervo de fontes á disposición da comunidade investigadora, dos expertos na temática migratoria e, por suposto, dos propios protagonistas.
As persoas que teñan a ben realizar a súa contribución poden dirixirse á Oficina de Turismo do Concello de Ribadeo, todos os venres en horario de 11.00h a 13.00h.


Para maior información pódese consultar


Presentación no Concello de Ribadeo