CONVOCATORIA

----

Listaxe coas puntuacións provisionais para a adxudicación das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2016

De acordo co previsto na cláusula décima da Resolución do 10 de marzo de 2016, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se está a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG Nº 63, de 4 de abril de 2016), e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibidas as propostas das comisións de valoración correspondentes, procédese á publicación das listaxes coa puntuación provisional.

O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016

O xerente

Descarga aquí o documento