Marisa Sobrino: "O informe sobre o CGAC foi a primeira toma de contacto e de compromiso que debe ter o CCG fronte aos obxectivos políticos".
13/7/2016
Maria Sobrino foi membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais. Nesta entrevista explica a actividade desta sección, que arrincou cun informe moi crítico sobre o Centro Galega de Arte Contemporáneo ao pouco da súa creación. Ademais, da conta do seu funcionamento e doutras propostas para a arte e a rede como é Atalaia.
Son vídeos gravados por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.