----

Rosario Álvarez: "Estamos aquí por un compromiso con Galicia, coa lingua galega e coa súa cultura"



Rosario Álvarez é a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega e integra o pleno como representante do Instituto da Lingua Galega. Nesta entrevista explica como se organiza da institución, o seu funcionamento ordinario así como a presenza da muller nos órganos de decisión.
Rosario Álvarez:

Vídeo gravado por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.