----

Francisco Díaz-Fierros: "a ciencia constitúe a cultura contemporánea, non se podía excluír de ningunha maneira"



Álbum da Ciencia, comics de divulgación científica, Publicacións especializadas como A natureza ameazada… son só alguns dos exemplos de actividades desenvolvidas polo Consello da Cultura que amosan unha concepción ampla da cultura. Francisco Díaz-Fierros, alén de vicepresidente é tamén o único membro do plenario que permanece desde a creación do Consello da Cultura Galega. Nesta entrevista dá conta da relevancia que o feito científico tivo nas áreas de traballo do CCG desde a súa creación.
Francisco Díaz-Fierros:

Vídeo gravado por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.