VIDEO

----

Xosé López: "estar na rede é un desafÍo para todos os actores culturais do país"



É unha das máximas autoridades para falar da comunicación en Galicia. É catedrático de xornalismo e coordinador do grupo de investigación Novos Medios, que estuda as mudanzas no xornalismo, os procesos de cambio no ámbito da comunicación e a cultura e a Historia da Comunicación no noso país. Nesta entrevista aborda cales han de ser os desafíos da cultura galega e do Consello da Cultura no que ten que ver coa Internet.
Xosé López:

Vídeo gravado por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.