VIDEO

----

Víctor Freixanes: "unha institución como o CCG ten que ter un compoñente crítico senón non ten sentido ningún"



Responsable da editorial Galaxia, escritor e intelectual comprometido coa lingua e a cultura de Galicia, Víctor Freixanes foi o membro máis novo en acceder ao Consello da Cultura Galega no momento da súa creación. Recoñece ter dubidado á hora de integrar a institución, decisión que tomou poque "unha cultura precisa de institucións sólidas, maduras e representativas". Nesta entrevista traza etapas dentro da traxectoria da institución e analiza cal ha de ser o seu papel.
Víctor Freixanes:

Vídeo gravado por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.